Enrique Vedia y Goosens recolle o nome de “Monte-alto” en 1845.

Á hora de comezar este traballo de investigación sobre a historia do noso Barrio e das súas xentes, xurden en nós as seguintes preguntas: Por que o nome de Monte Alto? Chamouse sempre así? Existía xa algo previo á aparición das casas na zona alta?

u5404-torre-dercules

Debuxo antigo do lugar de Monte-alto. Á esquerda a Cidade Vella e á dereita as casas existentes onde hoxe é o Orzán.

Como veremos ao longo desta viaxe ao pasado, son moitas as cousas que aconteceron até chegar ao tempo presente. Tamén escribiremos sobre o Barrio das Atochas, o de Santo Tomás, recuperaremos a microtoponímia existente e xa esquecida…

E, para comezar a nosa aventura, hoxe falaremos dun documento do ano 1845 onde xa se menciona o nome de “Monte-alto” e que nos dá pistas sobre algúns aspectos do mesmo.

O libro en cuestión leva por título “Historia y descripción de la ciudad de La Coruña” escrito por Don Enrique Vedia y Goosens e recolle, como xa dixemos, unha descripción da cidade e menciona o emprazamento do noso futuro Barrio do seguinte xeito: “[…] El punto más elevado de ella (da Coruña), es el que llaman Monte-alto, donde se halla uno de los almacenes de pólvora, y á corta distancia un molino de viento y podrá tener de trescientos á trescientos y cincuenta pies de altura sobre el nivel del mar.”

cropped-cabeceira.jpg

Extracto onde Enrique Vedia y Goosens fala do lugar de Monte-alto en 1845.

Esto deixa ver dúas cousas: 1) Que o lugar de Monte-alto era zona agrícola. 2) Que tamén era zona de presencia militar. Aspectos moi importantes que, até hai ben pouco, convivían de xeito similar antes das transformacións urbanas de finais do século XX.

Pero se seguimos investigando veremos que Don Enrique ofrece, aínda, máis pistas. Na distribución de barrios clasifica ao noso como “Barrio nº 11” e escribe o seguinte: “Compónese este recinto de ventiniueve manzanas que llevan los números de 145 á 159, y de 170, á 173; le marca todo el barrio de Santo Tomás, dando la vuelta por el campo de la Leña, y pasa por debajo del camino que conduce al cementerio.

Esto saca á luz un feito: O que hoxe coñecemos como Barrio de Monte Alto era, nos seus inicios, o Barrio de Santo Tomás. Monte-alto sería un lugar dentro deste barrio. 

Dito Barrio de Santo Tomás comprendía:

Rúas e mazás que recolle Don Enrique Vedia e que sería o Barrio de Santo Tomás.

Rúas e mazás que recolle Don Enrique Vedia e que sería o Barrio de Santo Tomás.

Logo teríamos o “Barrio nº10”, hoxe tamén dentro de Monte Alto, e que estaría: “Formado de ventiuna manzanas marcadas con los números 174 á 199 inclusive: cuyo grupo comienza por todo el barrio llamado de Santo Tomás, viene cogiendo la capilla de San Roque, y va siguiendo por la calle del Hospital de Caridad, por la muralla de las capuchinas, los dos lados del cuartel de la colegiata, y termina en el edificio de la provisión de pan, hoy fábrica de cristales.

Comprendería as seguintes rúas e mazás:

san-roque

Rúas e mazás que recolle Don Enrique Vedia e que sería o Barrio nº 10 (A zona do Campo de Artillería, rúa Tren, Independencia…).

Da capela de San Roque, sinala: “En la plazuela ó campo de la Leña; fueron antes dos (refírese ás capelas de San Xoán e San Roque), pero demolida la primera, se unieron en una.”

En canto a ermidas tamén sinala outras dúas no Barrio de Santo Tomás: “una la de Nuestra Señora de Atocha en el Barrio de Santo Tomás, y otra en San Amaro, arruinada.”

Da Capela da Nosa Señora de Atocha, da que fala o autor, a entidade veciñal conseguíu recuperar unha foto da mesma:

Foto Capela de San Roque no Campo da Leña.

Foto Capela da Nosa Señora de Atocha.

Unha curiosidade que puidemos atopar na mesma obra, e que ten que ver con ermidas, é a posíbel existencia dun conduto ou paso soterrado que se atopa onde estaba a de San Xoán:

paso-soterrado

O ano de descubrimento do paso sería sobre o 1843 ou 1842.

Para rematar a nosa primeira entrada, non podemos facelo sen mencionar outra perla histórica que nos deixa este ilustre home. Fala da antiga cidade da Coruña e dunha pedra (desaparecida xa no 1845 pero da que Sarmiento deu conta) cunha inscrición moi difícil de interpretar que se atoparía en Monte Alto.

pedra-desconocida

Agardamos que esta primeira entrada axude a botar algo de luz sobre o pasado do lugar onde vivimos. Un pasado esquecido que, agardamos, entre todas e todos podamos recuperar para as vindeiras xeracións.

  • NOTA: Agradecemento a noso veciño Andrés por ter avisado que a foto que pensabamos era da “Ermida de San Roque”  en realidade pertencía á capela da “Nosa Señora de Atocha”.

Deixar un comentario